Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras de acondicionamento do contorno da rúa arquitecto Domingo Andrade, de acordo co proxecto elaborado pola empresa Consultores de Medio Ambiente y Desarrollo, S.L.

Tipo de licitación: 231.923,32 euros IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 10 meses contados a partir da data da acta de comprobación do replaneamento.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de vinteseis días nautrais, contados desde o día seguinte á data da última das publicacións que correspondan facer no DOG en o BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova r/ Rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2001.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde