Obxecto do contrato: realización das obras de reforma e reparación da estación de autobuses de Santiago de Compostela.
Tipo de licitación: 194.415,08 euros IVE incluído.
Prazo de execución: 4 meses.
Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.
Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte á data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.
Garantía provisional: non se esixe.
Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 5, 6 e 9, categoría d.
Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.
Documentación: Copy Nova, rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93.
Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.
Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2002.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde

