Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.332

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

ORDE do 5 de xullo de 2002 pola que se nomean vocais do Consello Galego de Servicios Sociais.

O punto 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós consellos de servicios sociais establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos, sen prexuizo da súa reelección e da posibilidade de substitución dos titulares e suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen represente.

Así mesmo, o punto 3º do citado decreto establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello, por proposta da institución, asociación ou entidade a quen representen, e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

En data do 5 de marzo de 2002 a Consellería de Sanidade comunica que debido ós cambios producidos nesta consellería, se procede a substituír á vocal titular Mª José Rubio Vidal e ó suplente Francisco José Ameixeiras Álvarez, nomeando no seu lugar a Isauro Gómez Tato como vocal titular e a Sara Fernández Lamas como suplente.

En data do 15 de marzo de 2002 a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública comunica que debido ós cambios producidos nesta consellería se substitúe como vocal titular a Alfonso Vaquero Marín nomeando no seu lugar a Pedro Puy Fraga.

En data 5 de xuño de 2002 a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude comunica que debido ós cambios producidos nesta consellería se procede a substituír ó vocal titular Beatriz

Soutelo Ferro e ó suplente Amparo Castaño Aguado, nomeando no seu lugar a Manuel Vila López como vocal titular e a Mª Pilar Pena Casas como suplente.

Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, e en uso das facultades que me atribúen os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear como vocal titular do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Consellería de Sanidade, a Isauro Gómez Tato, en substitución de Mª José Rubio Vidal e como suplente a Sara Fernández Lamas, en substitución de Francisco José Ameixeiras Álvarez.

Artigo 2º

Nomear como vocal titular do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude a Manuel Vila López, en substitución de Beatriz Soutelo Ferro e como suplente a Mª Pilar Pena Casas, en substitución de Amparo Castaño Aguado.

Artigo 3º

Nomear como vocal titular do Consello Galego de Servicios Sociais, en representación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, a Pedro Puy Fraga, en substitución de Alfonso Vaquero Marín.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2002.

Corina Porro Martínez

Conselleira de Asuntos Sociais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA