Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.333

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2002 pola que se adxudican as bolsas para a realización de prácticas no Centro de Supercomputación de Galicia para titulados de formación profesional de segundo grao das especialidades/familias profesionais de informática.

A orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 29 de

abril de 2002 (DOG do 8 de maio), aprobaba as bases da convocatoria de bolsas para a realización de prácticas no Centro de Supercomputación de Galicia para titulados de formación profesional de segundo grao das especialidades/familias profesionais de informática.

Na base oitava, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros da comisión correspondente.

Na súa virtude, e atendendo por proposta elaborada pola citada comisión

RESOLVO:

Primeiro.-Concedérlle-las bolsas para a realización de prácticas no Centro de Supercomputación de Galicia para titulados de formación profesional de segundo grao das especialidades/familias profesionais de informática, ás persoas que se relacionan no anexo I desta orde. As bolsas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 04.06.432A.442.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE).

Segundo.-Para os efectos de cubri-las renuncias que poidan producirse, establécese a lista de suplentes, que figura como anexo II desta orde, relacionados por orde decrecente de prioridade.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 29 de abril de 2002 (DOG do 8 de maio de 2002) suporá a perda do dereiro a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 27-3-2002, DOG do 16 de abril)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

ANEXO I

Apelidos e nomeDNI

Emilio Fernández Rodríguez34983099-F

Ramón Figueiro Rodríguez76867868-M

José Mourelle Romero44817545-K

José Manuel Vilariño Figueira34892496-R

ANEXO II

Apelidos e nomeDNI

Xosé Ramón Amosa Pardo44831710-H

Manuel Ángel Varela Martínez44825971-Y

Alfredo Gómez Yepes79324921-Z

Alberto Abelleira Freiría33278005-H