Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 13 de agosto de 2002 Páx. 12.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

EDICTO.

Por acordo do Pleno do Concello de Paradela, de data 7 de agosto de 2002, anúnciase concurso, pro

cedemento aberto, tramitación urxente, para a contratación das obras de urbanización do contorno e accesos do mercado gandeiro de Paradela.

Así mesmo na dita sesión, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación, o cal se expón ó público por espacio de catro días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG, para efectos de presentación de reclamacións. A licitación aprazarase no caso de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Pleno do Concello de Paradela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 37/S/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: urbanización do contorno e accesos do mercado gandeiro de Paradela, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos, José Enrique Cacicedo Herrero.

b) Lugar de execución: (Paradela).

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: trescentos mil cincocentos seis con cero cinco euros (300.506,05), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de contrata.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación.

a) Entidade: Concello de Paradela.

b) Domicilio: avda. Xeneralísimo, s/n.

c) Localidade: Paradela, CP 27611.

d) Teléfono: 982 54 11 01-982 54 11 96.

e) Fax: 982 54 12 32-982 54 12 07.

f) Data límite de obtención de información e documentación o décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación:

Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Grupo C, subgrupo 2, categoría b.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite: o décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula décimo quinta do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación, tendo que ser utilizado como modelo de proposición o que figura como anexo no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Paradela, de 9 a 14.30 horas.

d) Vinculación da oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura de proposicións: no salón de plenos da Casa do Concello de Paradela ás 12 horas do seguinte día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Paradela, 7 de agosto de 2002.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde-presidente