O Pleno do Concello, en sesión do 2 de xullo de 2002, adoptou o acordo seguinte:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial modificado do parque empresarial de Penapurreira, concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), coa nova redacción que rectifica o documento presentado para a aprobación inicial, conforme o exposto.
Segundo.-Publicar este acordo no DOG e no BOP, incluíndo neste último o articulado das ordenanzas reguladoras, de acordo co disposto no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local.
Terceiro.-remitir á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, copia do expediente administrativo e dous exemplares dilixenciados do documento aprobado, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra o expresado acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da última publicación (no BOP ou no DOG ), se ben, previamente, e con carácter potestativo, procede recurso de reposición ante Pleno do Concello no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de dous meses, conta
dos desde o día seguinte ó da notificación, ou de seis meses, contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición da reposición.
As Pontes de García Rodríguez, 8 de xullo de 2002.
Víctor Guerreiro Pena
Alcalde