Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.699

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 6 (titulado superior psicólogo), correspondente ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 12 de xullo de 2002, o tribunal I-B, designado pola Orde do 10 de decembro de 2002, para xulga-lo proceso selec

tivo para o acceso á categoría 6 (titulado superior psicólogo), correspondente ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado por Orde do 30 de xullo de 2001, acordou, que o terceiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 21 de setembro de 2002, nas aulas 11 e 17 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas, e as portas do lugar de acceso para a súa realización abriranse ás 9.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2002.

Ana Ornilla Guillamón

Secretaria do tribunal I-B