Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.698

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2002 pola que se dá publicidade ó acordo do Consello de dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, polo que se aproba a modificación das bases reguladoras das axudas do Igape polo que respecta á instancia competente para resolve-los recursos contencioso-administrativos.

As bases reguladoras das axudas do Igape feitas públicas por resolucións do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), para:

-Proxectos empresariais de investimento (base 10.1).

-Programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da peme galega (base 10.1).

-Programa de emprendedores (base 11.1).

-Programas de especialización laboral (base 9.1).

-Salvamento e reestructuración a empresas en crise (base 11.1).

Así como:

-As bases reguladoras das axudas do Igape para a mellora da competitividade das empresas galegas (base oitava), feitas públicas mediante Resolución do 19 de xullo de 2000 (DOG nº 159, do 17 de agosto).

-As bases reguladoras de achegas do Igape para a organización de iniciativas de interese socioeconómico (base décima), feitas públicas por Resolución do 19 de xullo de 2000 (DOG nº 158, do 16 de agosto).

-As bases de convocatoria de bolsas-contratos en prácticas do Igape (base novena), feitas públicas por Resolución do 19 de xullo de 2000 (DOG nº 160, do 18 de agosto).

-As bases de convocatoria de 20 bolsas de promoción exterior (base 7.11.f), feitas públicas por Resolución do 26 de xuño de 2001 (DOG nº 131, do 6 de xullo).

-As bases reguladoras das axudas do Igape previstas no convenio de financiamento Xunta de Galicia/entidades financeiras do fondo de desenvolvemento INESGA (cláusula 7.6), feitas públicas por Resolución do 8 de novembro de 2000 (DOG nº 222, do 16 de novembro).

-O convenio de apoio financeiro ó comercio retallista (cláusula 8.9), feito público por Resolución do 19 de xuño de 2001 (DOG nº 136, do 13 de xullo).

-Os convenios de apoio financeiro ás pemes Igape-EEFF 2001 e 2002 (Cláusulas 9.8), feitos públicos por resolucións do 4 de maio de 2001 e 2 de abril de 2002 (DOG nº 96, do 21 de maio de 2001 e DOG nº 70, do 11 de abril de 2002).

-Os convenios de apoio ós investimentos de pemes mediante contratos de arrendamento financeiro Igape-EEFF 2001 e 2002 (cláusulas 9.9), feitos públicos por resolucións do 4 de maio de 2001 e 2 de abril de 2002 (DOG nº 96, do 21 de maio de 2001 e DOG nº 72, do 15 de abril de 2002).

-O convenio de apoio financeiro ó sector pesqueiro Igape-EEFF (cláusula 6.9), feito público por Resolución do 22 de xuño de 2001 (DOG nº 133, do 10 de xullo).

-O convenio de apoio financeiro para reparación de danos causados polas chuvias e temporais en Galicia Igape-ICO-EEFF (cláusula 7.9), feito público por Resolución do 13 de xuño de 2001 (DOG nº 132, do 9 de xullo).

-O convenio de apoio financeiro para reparación de danos causados polas chuvias e temporais en par

ques de cultivo de moluscos do Carril (cláusula 5.9), feito público por Resolución do 30 de novembro de 2001 (DOG nº 236, do 7 de decembro).

Indican expresamente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia como tribunal competente para a resolución dos recursos contencioso-administrativos interpostos contra as resolucións dos expedientes instruídos ó abeiro das citadas liñas de axuda.

Á vista de que na actualidade é criterio consolidado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que a competencia para coñecer dos recursos contra actos das entidades públicas con competencia no territorio de toda a Comunidade Autónoma corresponde ós xulgados do contencioso-administrativo, procede acomodar a tal criterio o réxime de recursos indicado para as resolucións do Igape, modificando en consecuencia as bases reguladoras das axudas do Igape ás que se fixo referencia.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único.-Publica-la seguinte modificación, acordada polo Consello de Dirección do Instituto na súa reunión do 27 de xuño de 2002, que afecta ás bases reguladoras das axudas do Igape:

«Modifícanse as bases reguladoras das axudas do Igape ás que se fai referencia no expositivo no sentido de substituí-la referencia ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por outras ós Xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, como os tribunais competentes para a resolución dos recursos contencioso-administrativos interpostos contra as resolucións do Igape».

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA