Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.700

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2002 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 01/066 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 01/066, convocada por Resolución do 10 de outubro de 2001 (BOE do 26 de outubro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 24 de xullo de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: fisioterapia.

Praza nº: 01/066.

Comisión titular:

Presidente: Calvo Arenillas, José Ignacio, catedrático de escola universitaria. Universidade de Salamanca.

Secretario: Fernández Cervantes, Ramón, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Forner Valero, José Vicente, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Casajuana Brianso, M. Carmen, profesora titular de escola universitaria. Universidade Rovira y Virgili.

Ruiz Murillo, M. Luz, profesora titular de escola universitaria. Universidade da Laguna.

Comisión suplente:

Presidente: Medina Sánchez, María, catedrática de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Secretario: Riveiro Temprano, Socorro, profesora titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Servera Pieras, Emilio, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valencia (Estudi General).

Valenza Demet, Gerald F., profesor titular de escola universitaria. Universidade de Granada.

Plana Sole, M. Gloria, profesora titular de escola universitaria. Universidade Rovira y Virgili.