Advertido erro na Resolución do 18 de xuño de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 127, do mércores, 3 de xullo de 2002, cómpre face-las seguintes modificacións:
-No parágrafo primeiro da convocatoria, onde di: «anexo I», debe dicir: «anexos I e II».
-Na base 1 da convocatoria, onde di: «anexo I», debe dicir: «anexos I e II».
-Substituí-lo o anexo I publicado na convocatoria, polos anexos I e II que se indican a continuación.
Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta corrección.
ANEXO I
Características do posto
Denominación do posto: secretario xeral adxunto.
Nivel: 28.
Complemento específico: 18.306,96 A.
Localidade: Santiago de Compostela.
ANEXO II
Requisitos
Grupo: A.
Requisito: licenciatura en dereito.

