Eu, Camilo J. García-Puertas Magariño, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de
Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 1/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Eva Fornes Braña, contra Construnor Area, S.L., en reclamación de cantidade, dictouse, con data do 1 de xullo de 2002, sentencia, que ten a decisión xudicial do teor literal seguinte:
«Que estimando como estimo a demanda formulada por Eva Forneas Braña contra Construnor Area, S.L., debo condenar e condeno a entidade demandada a que lle aboe ó actor a cantidade de catro mil setecentos cincuenta e nove con trece euros (4.759,13 euros), (791.852 pesetas), en concepto de diferencias salariais reclamadas, e o 10% dos xuros contados desde o 15 de decembro de 2000 e todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais que poidan incumbir ó Fondo de Garantía Salarial».
E para que lle sirva de notificación de sentencia ó demandado Construnor Area, S.L., con dimicilio na rúa do Baliño, nº 67, baixo, Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, fáiselle saber que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado por escrito ou comparecencia, no termo de cinco días, contados desde o seguinte ó da notificación da sentencia e con expresa advertencia de que de seren as recorrentes as empresas codemandadas condenadas deberán exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de teren depositado na conta de depósitos e consignacións deste Xulgado do Social número dous de identificación 1596, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, oficina 5947, sita na rúa Senra nº 3 desta cidade, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 65), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer
consta-la responsabilidade solidaria do avalista, e acreditar tamén ter despositado na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de vintecinco mil pesetas (25.000 pesetas), cento cincuenta con vintecinco euros (150,25 euros), preceptiva legalmente para recorrer; sen estes requisitos non se terá por anunciado o devandito recurso.
E, así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o xoves 4 de xullo de 2002.
O secretario xudicial
Rubricado

