Eu, Camilo J. García-Puertas Magariño, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 273/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela,
por instancia de José Antonio e Ramón Vicente Pérez Olveira, contra Construcciones Técnicas Garrido, S.L. e outros, en reclamación de cantidade, dictouse, con data do 21 de xuño de 2002, sentencia, que ten a decisión xudicial do teor literal seguinte:
«Que estimando parcialmente a demanda formulada por José Antonio Pérez Olveira e Ramón Vicente Pérez Olveira contra a empresa Construcciones Técnicas Garrido, S.L.; ACS, Proyectos, Obras y Construcciones, S.A.; Fogasa, deben responder solidariamente as empresas demandadas da cantidade de novecentos cincuenta e un euros con sesenta e nove céntimos (951,69 euros), (158.348 pesetas), polos conceptos que se especifican no HPPP quinto desta resolución, condenando solidariamente as empresas demandadas a que lle aboen a cada un dos traballadores esa cantidade, respondendo solidariamente o Fogasa.
E para que lle sirva de notificación de sentencia á empresa demanda Construcciones Técnicas Garrido, S.L., con domicilio na Avenida de Lugo, nº 40, baixo, Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, fáiselle saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.
E, así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o xoves 4 de xullo de 2002.
O secretario xudicial
Rubricado

