Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación anticipada de gastos, para a contratación dun sistema de xestión automatizado distribuído das instalacións de climatización e iluminación do edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Lugo.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público polo procedemento aberto e tramitación anticipada de gastos para a contratación dun sistema de xestión automatizado distribuído das instalacións de climatización e iluminación do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: 10/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: contratación dun sistema de xestión automatizado distribuído das instalacións de climatización e iluminación do edificio administrativo da Xunta de Galicia, en Lugo.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 76, do 19 de abril de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: douscentos vintedous mil trescentos setenta euros (222.370,00 A), IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 2 de xullo de 2002.

b) Contratista: Eulen, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos vinteún mil trescentos setenta euros (221.370,00 A), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA