Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 25 de xuño de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00450-O-2001).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, unha vez firmes as resolucións sancionadoras que se citan nel sen que os sancionados as aboaran, procedan ó seu pagamento.

Son requiridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF: S1511001H, clave 390001,

co apercibimento de que de non facelo así procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste, lles sirva de notificación os citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE

do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 25 de xuño de 2002.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Fiador-Último

enderezo

coñecido

OU-00450-O-2001

89-07-QF

G.C. Tráfico

Transcuenca Transp. Internacionais, Lda.

r/ Cidade de Leiria, nº 1, cl 2, 2900-11, Setubal (Portugal)

Realizar un transporte discrecional de mercadorías no vehículo articulado de catro eixes, cunha masa total en carga de 42.700 kgs estando autorizado para unha masa máxima de 36.000 kg. Exceso de 6.700, equivalente ó 18%, pesaxe nº 621, en báscula móbil Haenni WL 103 nº 1688-1694. Verificación CEM ata 14-9-2001. Transporta un bloque de granito.

30-1-2001; 16.11; A-52; 203

Artigo 200.3º do

R.D. 1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987 e artigo

201 do R.D.

1211/1990

1.388,34

euros

Francisco J. Cid Cobeña r/ Das Aguas, 42, Torrexón do Rei (Guadalaxara)