Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica del Arnoya, S.A.
Domicilio social: Cantón Grande, nº 6, 6º A, 15003 A Coruña.
Denominación: L.M.T. 20 kV interconexión central hidroeléctrica arroio Xallas.
Situación: Negreira.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión, a 20 kV, con conductor R.H.Z. 1 H-16 de 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, con orixe en cela de liña da central hidroeléctrica arroio Xallas, baixo tubo de aceiro de 65 m de lonxitude, seguido de tramo enterrado de 15 m e apoio de paso subterráneo e aéreo baixo liña de Unión Fenosa Distribución, S.A. que discorre polo lugar. Negreira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 20 de xuño de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

