Por acordo da Comisión de Goberno do Concello de Paradela, do 7 de agosto de 2002, anúnciase concurso, procedemento aberto, tramitación urxente, para a contratación das obras de dotación de servicios básicos avenida de Aldosende-Pacios. Paradela, nº 68/2002, correspondentes ó POS 2002.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Paradela.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: 36/S/02.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: dotación de servicios básicos avenida de Aldosende-Pacios, Paradela, de acordo co proxecto técnico redactado por José Luis Sanmiguel Guerreiro, arquitecto.
b) Lugar de execución: Paradela.
c) Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base da licitación: setenta e sete mil novecentos setenta e dous euros (77.972 euros), IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de información e documentación.
a) Entidade: Concello de Paradela.
b) Domicilio: avenida Xeneralísimo, s/n.
c) Localidade: Paradela, CP 27611.
d) Teléfono: 982 54 11 01, 982 54 11 96.
e) Fax: 982 54 12 32, 982 54 12 07.
f) Data límite de obtención de información e documentación: o décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de proposicións.
a) Data límite: o décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da última publicación do presente edicto no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación, tendo que ser utilizado como modelo de proposición o que figura como anexo no dito prego.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Paradela, de 9 a 14.30 horas.
d) Vinculación da oferta: ata a sinatura do contrato.
9. Apertura de proposicións: no salón de plenos da Casa do Concello de Paradela, ás 12 horas do seguinte día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (agás sábados).
10. Gastos dos anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.
Paradela, 8 de agosto de 2002.
José Manuel Mato Díaz
Alcalde presidente

