O Pleno do Concello, na sesión do 29 de novembro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle das vivendas unifamiliares existentes na marxe norte da rúa de Vista Alegre (números 173-183), promovido por Pedro Serrano Cambón.
De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 166, do día 20 de xullo de 2002, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.
De conformidade co previsto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa urbanística ou ordenanzas reguladoras só poderán impugnarse directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2002.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo

