Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do día 15 de xullo de 2002, acordou someter a información pública o proxecto de compensación do polígono 2 do solo urbanizable non programado número 28 (SUNP-28) da Barcia, promovido pola Xunta de Compensación.

De conformidade co diposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, ó que se remite o 133.8º da mesma lei, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de planeamiento e xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2002.

Encarna Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións