Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno no Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 15 de xullo de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle do polígono 2 do solo urbanizable non programado número 28 (SUNP-28) da Barcia, promovido pola Xunta de Compensación.

O estudio de detalle ten por obxecto reaxusta-las determinacións do Plan parcial do sector, no ámbito das parcelas 54 á 63 do polígono 2.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publi

cación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de planeamento e xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2002.

Encarna Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións