Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: redacción do proxecto para centro xuvenil e portelo único en Santiago de Compostela.

Orzamento: redacción do proxecto (incluído o estudio de seguridade e saúde): 41.523,82 A (IVE incluído).

Dirección e coordinación de seguridade e saúde: 30.887,18 A (IVE incluído).

Prazo de entrega: 30 días naturais.

Garantías: atendendo a natureza do contrato os licitadores quedan dispensados da constitución de garantías.

Clasificación: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte día á derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 19 de agosto de 2002.

José Luis Torres

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Luis Jaime Rodríguez Fernández

Secretario accidental da Deputación Provincial

da Coruña