Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2002 Páx. 12.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Clasificación

esixida

Conservaciuón anual zona de Muras, O Vicedo, Viveiro, Ourol e Xove385.212,68Grupo G

Subgrupo 6

Categoría d

Conservación anual zona de Abadín, Castro de Rei, Cospeito, Pol e Mondoñedo390.657,97Grupo G

Subgrupo 6

Categoría d

Conservación anual zona de Carballedo, Chantada e Taboada378.000Grupo G

Subgrupo 6

Categoría d

Conservación anual zona de Begonte, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei e Rábade267.000Grupo G

Subgrupo 6

Categoría c

Conservación anual zona de Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, O Páramo, Paradela e Portomarín355.000Grupo G

Subgrupo 6

Categoría c

Conservación anual zona de Friol, Guntín, Lugo e Palas de Rei251.000Grupo G

Subgrupo 6

Categoría c

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Teléfono: 982 26 00 78.

e) Fax: 982 26 01 67.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, de 10 a 14 horas.

1. Entidade: Deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado.

f) A verificación de suficiencia de poderes farase específicamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 7 de agosto de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Francisco Javier Giménez Miralles

Vicesecretario da Deputación Provincial de Lugo