Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.862

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xullo de 2002 pola que se autoriza o cambio de denominación do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Covelo (Pontevedra) e do Colexio de Educación Primaria de Alxén no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 8 do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que se citan no anexo.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Covelo.

Localidade: Covelo.

Código do centro: 36001690.

Denominación: Centro de Educación Infantil e Primaria de Covelo.

Nova denominación: Centro de Educación Infantil e Primaria Antonio Blanco Rodríguez.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Salvaterra de Miño.

Localidade: Alxén.

Código do centro: 36016966.

Denominación: Centro de Educación Primaria de Alxén.

Nova denominación: Centro de Educación Primaria Carlos Casares.