Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2002 pola que se fai público o resultado do proceso de selección para a concesión de axudas ós programas de desenvolvemento rural de Galicia e a modificación dos cadros de financiamento correspondentes ós grupos de acción local beneficiarios da convocatoria Leader+ de Galicia.

Por Resolución do 16 de abril de 2002, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) (DOG

nº 79, do 24 de abril), convocáronse axudas ós programas de desenvolvemento rural de Galicia, referidos ós programas Agader e Proder II, como complemento das axudas relativas á iniciativa comunitaria Leader+.

O obxecto da convocatoria era establece-las normas para a presentación e selección de proxectos de desenvolvemento rural, co fin de promove-la valorización e explotación dos recursos endóxenos dos territorios rurais galegos como medio de evita-lo seu despoboamento.

Presentadas as solicitudes en prazo legal e valoradas pola comisión de selección constituída ó abeiro do artigo 10.1º da citada convocatoria, o Consello de Dirección de Agader, de acordo co disposto no artigo 10.2º da convocatoria, resolveu o 4 de xullo de 2002 o proceso de selección para a concesión das axudas concedidas ó abeiro dos anteriores programas.

Por outra banda, por Resolución do 10 de agosto de 2001 abriuse o prazo para a presentación de proxectos para acollerse á iniciativa comunitaria Leader+ no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Valoradas as solicitudes de acordo cos criterios recollidos na normativa aplicable, por Resolución da directora xeral de Agader do 23 de novembro de 2001, (DOG nº 238, do 11 de decembro, corrección de erros DOG nº 23, do 31 de xaneiro de 2002), fíxose público o resultado do proceso de selección dos programas e grupos de acción local (GAL) beneficiarios, xunto co correspondente cadro de financiamento para cada grupo.

A Administración autonómica preveu destinar parte do eixo 4 (seguimento e control da iniciativa Leader+ por parte das administracións públicas) a incrementa-la dotación destinada ós programas dos GAL (eixo 1: estratexia de desenvolvemento, e eixo 2: cooperación). Dado que resulta obrigatoria a coincidencia dos cadros financeiros publicados pola Resolución do 23 de novembro de 2001 cos recollidos na Decisión C (2001) 2179, do 20 de agosto de 2001, pola que se aproba o programa Leader+ para Galicia, fíxose preciso varia-las contías e reparto entre administracións das cantidades recollidas na citada resolución.

En cumprimento do disposto no artigo 11 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 238, do 11 de decembro), a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural,

RESOLVE:

1. Facer público o resultado do proceso de selección para a concesión de axudas ós programas de

desenvolvemento rural de Galicia Agader e Proder II, con indicación dos Grupos de Acción Local que resultaron beneficiarios e dos respectivos cadros de financiamento, tal e como se especifican no anexo I.

O financiamento correspondente ós orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural farase con cargo ás aplicacións orzamentarias 01.01-01/01/01-656800, para o programa Agader, e 01.01-01/04/04-656800, para o programa Proder II.

2. Facer pública a modificación dos cadros de financiamento correspondentes ós grupos de acción local seleccionados no ámbito da iniciativa comunitaria Leader+, que quedan como se especifica no anexo II.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2002.

Belén Hernández Lafuente

Directora xeral da Axencia Galega

de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Programa Agader

Grupos de acción localInvestimento

total

Achega

Agader

Achega

local

Investimento

privado

Asociación de desenvolvemento rural Eo-Rodil10.324.791,495.795.305,46647.364,433.882.121,60

Fundación para o desenvolvemento da comarca A Ulloa6.010.121,003.373.480,92376.834,592.259.805,50

Avinza5.000.000,002.806.500,00313.500,001.880.000,00

Centro de inciativas para o desenvolvemento da comarca Conso-Frieiras7.946.458,324.460.347,05498.242,942.987.868,33

Fundación para o desenvolvemento da comarca de Ortegal8.035.366,184.510.251,04503.817,463.021.297,68

Asociación Terras da Comarca do Carballiño8.729.874,554.900.078,58547.363,133.282.432,83

Asociación de desenvolvemento rural de Trastámara8.745.030,424.908.585,57548.313,413.288.131,44

Fundación para o desenvolvemento da comarca de Betanzos9.799.553,695.500.489,49614.432,023.684.632,19

Asociación de desenvolvemento da comarca de Bergantiños10.818.218,006.072.265,76678.302,274.067.649,97

Asociación de desenvolvemento da comarca de Valdeorras7.038.354,113.950.628,16441.304,802.646.421,15

Programa Proder II

Grupos de acción localInvestimento

total

Achega UEAchega

MAPA

Achega

Agader

Achega

local

Investimento

privado

Asociación desenvolvemento Proder II-Comarca de Pontevedra9.745.508,153.664.831,33902.532,94902.532,94611.172,563.664.438,38

Asociación desenvolvemento da mancomunidade da área intermunicipal de Vigo11.511.848,004.329.069,411.066.113,931.066.113,93721.945,494.328.605,24

Asociación desenvolvemento Ría Muros-Noia9.162.338,183.445.528,29848.525,48848.525,48574.600,073.445.158,85

Fundación desenvolvemento da comarca do Salnés9.518.659,373.579.524,08881.524,44881.524,44596.946,143.579.140,27

Fundación desenvolvemento da comarca do Morrazo7.858.890,952.955.362,54727.813,04727.813,04492.856,652.955.045,67

Fundación desenvolvemento da comarca do Baixo Miño7.895.237,042.969.030,61731.179,06731.179,06495.136,032.968.712,27

Asociación desenvolvemento comarcal Deloa9.545.021,253.589.437,55883.965,82883.965,82598.599,383.589.052,69

Asociación Costa Ártabra9.486.301,173.567.355,67878.527,74878.527,74594.916,853.566.973,17

Asoc. Mariña Occidental, Asoc. concellos Viveiro, Xove, Cervo, O Vicedo, Ourol e Burela6.846.518,502.574.656,46634.057,08634.057,08429.367,482.574.380,40

Asociación desenvolvemento Sar-Ulla8.084.520,453.040.211,28748.708,63748.708,63507.006,613.039.885,31

Grupo de Accion Local Terra das Mariñas9.549.156,943.590.992,79884.348,83884.348,83598.858,743.590.607,76

ANEXO II

Grupos de acción

local

Investimento

total

Achega

UE

Achega

MAPA

Achega

Agader

Achega

local

Investimento

privado

Portodemouros13.203.584,605.273.664,17952.464,54952.464,54731.903,015.293.088,35

Val do Limia11.504.712,544.595.115,05829.913,32829.913,32637.730,884.612.039,97

Terras do Miño9.901.942,693.954.950,26714.294,61714.294,61548.885,913.969.517,30

Ribeira Lucense9.660.933,713.858.688,49696.908,99696.908,99535.526,273.872.900,97

Terra Chá9.623.793,773.843.854,37694.229,83694.229,83533.467,52,3.858.012,22

Neria9.587.487,213.829.353,11691.610,79691.610,79531.454,973.843.457,54

País do Bibei8.875.869,613.545.124,82640.276,96640.276,96492.008,483.558.182,37

Condado-Paradanta8.779.075,653.506.464,20633.294,56633.294,56486.642,993.519.379,35

Valmiño7.786.188,213.109.893,49561.670,82561.670,82431.605,113.121.347,98

EuroEume7.504.713,812.997.469,36541.366,15541.366,15416.002,383.008.509,76

Montes7.310.854,142.920.039,57527.381,73527.381,73405.256,322.930.794,78

Río Lor6.714.403,002.681.810,10484.355,65484.355,65372.193,762.691.687,85

Terras de Miranda6.647.240,822.654.984,75479.510,78479.510,78368.470,812.664.763,70

Grupos de acción

local

Investimento

total

Achega

UE

Achega

MAPA

Achega

Agader

Achega

local

Investimento

privado

Ordes6.632.574,212.649.126,74478.452,78478.452,78367.657,812.658.884,11

Ulla-Umia6.369.252,212.543.952,89459.457,57459.457,57353.061,312.553.322,88

Monterrei-Verín5.847.373,822.335.508,63421.810,92421.810,92324.132,472.344.110,87

Total Gal135.950.000,0054.300.000,009.807.000,009.807.000,007.536.000,0054.500.000,00