Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 22 de agosto de 2002 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión das axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura convocadas pola Orde do 27 de decembro de 2001.

A Orde do 27 de decembro de 2001 pola que se particulariza para o exercicio 2002 o procedemento de concesión de axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación, tratamento e comercialización dos productos da pesca, o marisqueo e a acuicultura (DOG nº 5, do 8 de xaneiro) establece no seu artigo 1 o importe da contía máxima das axudas que ó abeiro desta poderán ser concedidas ós seus solicitantes.

Non obstante, e por canto no mesmo programa de gasto destinado para o efecto existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, e polo que cómpre amplia-lo importe da contía máxima das axudas que poderán ser concedidas ó abeiro da referida Orde do 27 de decembro de 2001 á finalidade de achegar estas ó maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Amplíase o importe da contía máxima das axudas que se van conceder ó abeiro da Orde do 27 de decembro de 2001 (DOG nº 5, do 8 de xaneiro de 2002) na cantidade de 7.170.663,32 A con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.722A.770.0 que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2002.

Segundo.-A presente modificación non afecta ó prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos