Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación número 27 do PXOU-rúas Camiño do Gorgullón e Pedro Sarmiento de Gamboa.

O Pleno da Corporación, en sesión do 31-3-2001, prestou aprobación definitiva ó Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación número 27 do PXOU, situada entre as rúas Camiño do Gorgullón e Pedro Sarmiento de Gamboa, sendo este instrumento urbanístico de desenvolvemento formulado, mediante iniciativa particular, polas entidades mercantís Promociones Ramírez y Construcciones Gallegas, S.L. e Construcuatro, S.A., e redactado polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro, sendo visado pola Delegación en Pontevedra do COAG en data 26-7-1999, como refundido do intervido o 3-3-1998 e os seus documentos de emenda, con visado colexial do 23-12-1998 e 6-4-1999, xunto co documento adicional do PERI, subscrito polo citado arquitecto autor do PERI con visado colexial do 27-2-2001, en contestación ás observacións formuladas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e que reforma e anula os documentos correlativos do plan especial anteriores, así como o novo punto

2.4.9 do PERI presentado o pasado 27 de marzo ante este concello, facéndose constar expresamente que o réxime aplicable ó ámbito do plan será o establecido na disposición transitoria segunda, punto 1 b) da Lei 1/1997, do solo de Galicia, coa particularidade de que o aproveitamento dos propietarios do solo será o 90% do medio do polígono e será de aplicación o réxime do solo urbano non consolidado, estimándose así a reclamación formulada en tal sentido pola sociedade promotora deste

plan, de xeito que calquera referencia ó aproveitamento lucrativo non susceptible de apropiación pola propiedade e de cesión a este concello, na súa condición de Administración urbanística actuante, será do 10 por 100.

No citado acto administrativo significouse ás citadas entidades promotoras que, seguindo o artigo 132 do Regulamento de planeamento urbanístico, aínda cando o expediente do PERI está formalmente completo, ante as sucesivas modificacións e adicións producidas, habería de presentarse un texto unificado dos documentos visados o 26-7-1999 e o 27-2-2001, xunto ó novo punto 2.4.9, polo que se fixo constar por ese acordo de aprobación definitiva, que este instrumento urbanístico de desenvolvemento do de carácter xeral non entraría en vigor mentres non se presentase o citado documento compilatorio, o cal habería de ser informado pola Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión Urbanística no sentido de que integre toda a documentación urbanística e de ordenación territorial sucesivamente presentada e reunificada nun único documento, do cal se daría conta a Administración Urbanística Autónomica e para xeral coñecemento nos anuncios oficiais, preceptivos e previos para a entrada en

vigor do planeamento e para a debida executividade que teña que despregar como disposición de carácter xeral.

Para tal efecto, a Comisión Informativa Municipal de Urbanismo, en sesión do 27-2-2002, deuse por informada do texto unificado do PERI da unidade de actuación nº 27, con data de visado colexial do 4-7-2001, presentado pola entidade promotora en data 25-9-2001, en cumprimento do acordo plenario do 31-3-2001.

Consonte o disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, no BOP número 128, do 5-7-2002 publicouse o texto íntegro da normativa da modificación do planeamento aprobada, remitíndose copia do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para os efectos establecidos no punto 3 e 4 deste precepto.

O que se fai público para a súa executividade, de conformidade cos preceptos sinalados, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa e contra a disposición xeral, aprobada definitivamente, poderá interpoñer directamente quen se considere lexitimado o recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigo 10.1º.6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes de acordo o dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 12 de xullo de 2002.

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente