Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 12.975

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002, do tribunal IV-E designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 16 (conductor/a), correspondente ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 30 de xullo de 2001, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición (proba práctica).

En sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2002, o tribunal IV-E designado pola Orde do 10 de decembro de 2001, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 16 (conductor/a), do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, acordou que o segundo exercicio da fase de oposición (proba práctica), dará comezo o día 9 de setembro de 2002 no Parque Móbil da Xunta de Galicia (Pazo de San Caetano), en Santiago de Compostela.

O devandito día 9 de setembro realizarán a proba práctica os aspirantes de promoción interna que superaron o segundo exercicio.

O día 10 de setembro de 2002 realizarán a proba os aspirantes de acceso libre comprendidos entre Taboada Prieto, José Luis e Vázquez Gallego, Julio; ámbolos dous inclusive, que superaron o segundo exercicio.

Tódolos días, ó remate da proba, a partir do día 10 de setembro, publicaranse no Parque Móbil da Xunta de Galicia os nomes dos aspirantes que deben presentarse na seguinte sesión, así como a súa hora de comezo.

Os aspirantes deberán vir provistos do seu DNI.

As probas dos días 9 e 10 de setembro darán comezo ás 16.30 horas, momento no que deberán estar presentes tódolos aspirantes citados.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal IV-E