Na sesión realizada o día 8 de novembro de 2002, o tribunal IV-E , designado para xulga-lo proceso selectivo de acceso á categoría 16 do grupo IV, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, acordouse:
Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo de acceso á categoría 16 (conductor/a) do grupo IV, para a realización do exercicio de coñecemento do idioma galego, que vai ter lugar no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Adminis
tración Pública, en Santiago de Compostela, o día 13 de novembro de 2002, ás 17 horas.
Os aspirantes terán que presentarse ás 17 horas co documento acreditativo da súa identidade.
De conformidade coas bases da convocatoria, estarán exentos da realización do dito exercicio os aspirantes que acreditaron a posesión do curso de iniciación.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2002.
Pablo Figueroa Dorrego
Presidente do tribunal IV-E

