Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.774

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDEN do 5 de novembro de 2002 pola que se fan públicas as vacantes provisionais dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas para o curso 2003-2004.

A base segunda da Orde do 10 de outubro de 2002 (DOG do 21 de outubro), pola que se convocaba concurso de traslados para a provisión de prazas vacantes entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, determinaba que se convocaban as vacantes existentes no momento da convocatoria, as que se producisen ata o 31 de decembro de 2002 e as que resulten da resolución do concurso en cada corpo polo que se concursa. Todas elas sempre que se correspondan con prazas que teñan o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa. As vacantes definitivas publicaranse no DOG.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IV, V, VI e VII desta orde as vacantes provisionais para o curso 2003-2004 nos colexios públicos integrados, institutos de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música, escolas de artes aplicadas e oficios artísticos e sedes da inspección educativa.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto na orde de convocatoria, sempre que figuren na relación definitiva.

Terceiro.-Resoltas, no seu caso, as reclamacións presentadas á presente orde e resoltos os concursos de traslados específicos convocados no mes de outubro de 2002, plublicarase no DOG as vacantes definitivas que serán obxecto do concurso de traslados.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria