De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a
seguir se cita o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións e, no caso de non presentalas e segundo o artigo 13.2º do dito real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.
Expediente sancionador: Secretaría 130/2002.
Denunciado: Ramiro Pérez Méndez.
DNI: 32624666-V.
Último enderezo coñecido: Cristóbal Colón, 40-42. Narón.
Cualificación da infracción: grave.
Importe da sanción: tres mil cinco euros con sete céntimos.
A Coruña, 6 de setembro de 2002.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña

