De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se cita a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.
Expediente sancionador: Secretaría 66/2002.
Denunciado: Llovopan, S.L.
NIF: B15105224.
Último enderezo coñecido: Xeneral Franco, 97, Ribeira.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: seiscentos un euros cun céntimo.
A Coruña, 19 de setembro de 2002.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña

