Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo correspondente ó recurso contencioso-administrativo 01/0001113/2002 interposto ante a Sala do Contencioso-Administrativo (sección primeira) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e se emprazan ós interesados nel.

A teor do disposto no artigo 48 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (Boletín Oficial del Estado do 14 de xullo), e en cumprimento do solicitado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sección primeira).

Esta secretaría xeral acorda a remisión do expediente administrativo correspondente ó recurso contencioso-administrativo no encabezamento citado, interposto pola Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, contra o Decreto 261/2002, do 30 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto seguinte), polo que se aproban as normas reguladoras das confrarías de pescadores e as súas federacións.

Así mesmo, a teor do disposto no artigo 49 da citada lei, emprázanse todas aquelas persoas físicas e xurídicas ás que derivasen ó seu favor dereitos da resolución impugnada e a quen tivera interese directo no mantemento dela, para que comparezan en autos ante a referida sala no prazo de nove días, seguintes á notificación ou, se é o caso, publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2002.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Conselleia de Pesca e Asuntos Marítimos