De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
Lugo, 10 de outubro de 2002.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: P-119/2002.
Denunciado: Manuel Carreira Rodríguez.
DNI: 08081961.
Enderezo: r/ Gran Vía, nº 18-4º D. Sarria (Lugo).
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor. Feitos constatados o día 11-5-2002, ás 18 horas, no río Miño, A Ribeira, O Páramo (Lugo).
Precepto sancionador: artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación: menos grave.
Sanción: 300,51 euros.
Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.

