1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: servicio de xestión do Centro de Recepción de Visitantes e do Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
2.2. Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: urxente.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: noventa mil cento cincuenta e un euros con oitenta céntimos (90.151,80 A).
5. Fianza provisional.
2% do orzamento de licitación: 1.803,04 A.
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento de adxudicación.
7. Documentación e información.
7.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación la Consellería de Medio Ambiente, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2003.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe asunto: nome do concurso.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
7.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.
8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura da documentación xeral (sobres A).
a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 13 horas.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2002.
P.D. (Orde 20-12-2001)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

