Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de outubro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Borralido e outros, pertencente ós lugares da Portela, O Valado, A Ramorta e A Carrasqueira, do concello de Bueu.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 29 de novembro de 2000, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Bueu.

Lugares: A Portela, O Valado, A Ramorta e A Carrasqueira.

Nome do monte: Castiñeira.

Actualmente esta incluída dentro do polígono industrial, e non é posible precisa-la súa localización.

Nome do monte: Borralido.

Cabida: 300.000 m, existen discrepancias entre o límite municipal con Cangas presentado na solicitude e o que figura na cartografía do Servicio Xeográfico Nacional, o que reduciría a superficie localizada dentro do concello de Bueu a 95.000 m.

Lindes:

Norte e oeste: camiño veciñal, monte do mesmo nome pertencente á parroquia de Beluso.

Leste: camiño.

Sur: concello de Cangas.

Descrición: poboada con piñeiro e eucalipto e matogueira de toxo e fento.

Nome do monte: Liboreiro.

Cabida: 200.000 m, existen discrepancias entre o límite municipal con Cangas presentado na solicitude e o que figura na cartografía do Servicio Xeográfico Nacional, o que reduciría a superficie localizada dentro do concello de Bueu a 70.000 m.

Lindes:

Norte: estrada de Beluso á Portela, propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares.

Sur: límite municipal co concello de Cangas.

Oeste: propiedades particulares. Límite municipal co concello de Cangas.

Contiguos:

Norte: herdeiros de Antonio Costas, herdeiros de Manuel Sampedro e outros.

Leste: Vicenta García Rey, herdeiros de Mercedes Barreiro Portela, Carmen Núñez e outros.

Oeste: predio Zapateira.

Descrición: poboada por monte bravo de piñeiro e eucalipto con pouca densidade e matogueira de toxo e fento.

Nome do monte: A Portela.

Cabida: 80.000 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte, sur e leste: propiedades particulares.

Oeste: camiño de servicio.

Contiguos:

Norte: herdeiros de Francisco Villanueva González, Maximino Montejano Molanes e herdeiros de Benito Villar Lores.

Leste: José Gestido e herdeiros de Benito Villar Lores.

Sur: Domingo García Soliño, Maximino Montejano Molanes e outros.

Oeste: Carmen Villar Gestido e Celestino García García.

Descrición: poboada parcialmente por Pinus pinaster; resto matogueira de toxo e fento, atópase presencia de aproveitamentos de esquilmos.

Nome do monte: Rozo ou Morouzos.

Cabida: 60.000 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte: propiedades particulares.

Leste: estrada A Portela-Beluso.

Sur: camiño e propiedades particulares.

Oeste: estrada A Portela-Beluso, camiño e propiedades particulares.

Contiguos:

Norte: Alfredo González González, herdeiros de Ramona Nores, herdeiros de Vicente García e outros.

Oeste: Juan Comesaña Estévez, Claudio Lamosa Novas e herdeiros de Josefa Ferradás Estévez.

Servidumes: camiños de servicio do vertedoiro.

Descrición: antigo vertedoiro selado e rodeado por cercado metálico. Pés dispersos de Pinus pinaster e Eucaliptus globulus.

Nome do monte: Pedra do Raposo.

Cabida: 10.710 m.

Lindes:

Norte, leste e sur: propiedades particulares muro por medio.

Oeste: camiño.

Contiguos:

Norte: Gaspar Massó García e Carmen Caíño Iglesias.

Leste: Dolores Freire Curra, Carmen Villar Garrido e outros.

Sur: Esperanza Pousada Miranda, María Pousada Miranda e herdeiros de Manuel Vázquez.

Oeste: Jesús Malvido Menduíña, herdeiros de Miguel Nogueira, herdeiros de Emilio Piñeiro e outros.

Descrición: antigo vertedoiro selado e rodeado por cercado metálico. Pés dispersos de Pinus pinaster e Eucaliptus globulus.

Nome do monte: Patín.

Cabida: 7.820 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte, leste, sur e oeste: propiedades particulares.

Contiguos:

Norte: Emilio Pais Pazos, Dolores Estévez Lorenzo e outros.

Leste: Carmen Villar Garrido, Vicente Malvido Santos e outros.

Sur: herdeiros de Manuel Méndez, herdeiros de Maximina Portela e José Costas Broullón.

Oeste: herdeiros de Manuel Corrales, herdeiros de José Portela, herdeiros de Antonio Lemos Martínez e herdeiros de Urbano García Piñeiro.

Descrición: próxima á parcela anterior unida a ela por camiño. Poboada por Eucaliptus globulus e matogueira de toxo e fento.

Nome do monte: Paralaxe.

Cabida: 7.650 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte, leste e sur: propiedades particulares muro por medio.

Oeste: camiño.

Descrición: poboada por Eucaliptus globulus.

Nome do monte: Tomada pequena de Liboreiro.

Cabida: 1.430 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte: estrada A Portela-Beluso.

Leste, sur e oeste: propiedades particulares.

Descrición: sobrante de camiño, con algúns pés de acacia e Eucaliptus globulus.

Nome do monte: Castiñeiras do Sur.

Cabida: 720 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte, sur e oeste: propiedades particulares.

Leste: estrada A Portela-Beluso.

Descrición: ocupada por particular. Rasa con algúns abrochos de acacia e Eucaliptus globulus.

Nome do monte: Devesa.

Cabida: 420 m (superficie solicitada).

Descrición: ocupada por rotonda no parque empresarial.

Nome do monte: Castiñeira.

Cabida: 2.050 m (superficie solicitada).

Descrición: ocupada por parque industrial; non foi posible a súa localización.

Nome do monte: Morouzas Pequeño.

Cabida: 850 m (superficie solicitada).

Descrición: ocupada por parque industrial; non foi posible a súa localización.

Nome do monte: Tomada pequena da Portela.

Cabida: 200 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte, sur e leste: propiedades particulares muro por medio.

Oeste: camiño.

Descrición: poboada por matogueira.

Nome do monte: Serra da Portela.

Cabida: 450 m (superficie solicitada).

Descrición: ocupada por contiguos; non foi posible a súa localización.

Nome do monte: Almaecho.

Cabida: 30.850 m (superficie solicitada).

Descrición: non foi posible a súa localización.

Nome do monte: Casaldie.

Cabida: 110 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte, leste e sur: propiedades particulares.

Oeste: estrada Bueu-Cangas.

Descrición: sobrante de camiño, drenaxe natural rasa.

Nome do monte: Cacharela.

Cabida: 1.720 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte e leste: camiño.

Sur e oeste: propiedades particulares.

Descrición: prado.

Nome do monte: Esquina de Riba.

Cabida: 310 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte, sur, leste e oeste: camiño.

Servidumes: mina de auga.

Descrición: cruzamentos de camiños.

Nome do monte: Chans.

Cabida: 2.600 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte, leste e oeste: propiedades particulares.

Sur: camiño.

Descrición: poboada con Eucaliptus globulus e matogueira de toxo e fento.

Nome do monte: Rabalongo.

Cabida: 1.850 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte, leste e sur: camiño.

Oeste: rochedo e propiedades particulares, muro por medio.

Servidumes: atravesada por camiño.

Descrición: poboada por matogueira de xesta e toxo.

Nome do monte: Pozos do Bispo.

Cabida: 1.230 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte, leste e oeste: camiño.

Sur: propiedades particulares.

Servidumes: pozos de auga.

Descrición: poboada con matogueira.

Nome do monte: Cuchiño.

Cabida: 180 m (superficie solicitada).

Descrición: ocupada por contiguos; non foi posible a súa localización.

Nome do monte: Outeiro do Raposo.

Cabida: 175 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte e oeste: camiño.

Leste e sur: propiedades particulares.

Descrición: sobrante de camiño.

Nome do monte: Esquina do Pazo.

Cabida: 200 m (superficie solicitada).

Descrición: antigo vertedoiro selado e rodeado por cercado metálico. Pés dispersos de Pinus pinaster e Eucaliptus globulus.

Nome do monte: Sotuelo.

Cabida: 1.000 m (superficie solicitada).

Descrición: non está referenciada no plano xeral de situación, polo que non foi posible a súa localización.

Nome do monte: Santo Reis.

Cabida: 1.157 m (superficie solicitada).

Descrición: non está referenciada no plano xeral de situación, polo que non foi posible a súa localización. Na certificación do Concello de Bueu, achegada como documentación, figura como ben adquirido polo concello e ocupado polo adro da capela de Santos Reis.

Nome do monte: Cabaleiros de Riba.

Cabida: 1.000 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte e oeste: propiedades particulares.

Leste e sur: camiño.

Contiguos:

Norte: Antonio Barros González.

Oeste: Rosa Cortizo Cerviño.

Descrición: poboada por pés illados de Eucaliptus globulus e matogueira.

Nome do monte: Cabaleiros de Baixo.

Cabida: 630 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte e leste: camiño.

Sur e oeste: propiedades particulares.

Descrición: poboada por pés illados de Eucaliptus globulus e matogueira.

Nome do monte: Esquina de Cabaleiros de Baixo.

Cabida: 520 m (superficie solicitada).

Lindes:

Norte e oeste: camiño.

Leste e sur: propiedades particulares.

Descrición: ocupada por camiño público e vertedoiro non controlado. Matogueira de xesta.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 11 de outubro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra