Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de outubro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Condomínguez, pertencente á parroquia de Priegue do concello de Nigrán.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2002, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Nigrán.

Parroquia: Priegue.

Nome do monte: Condomínguez.

Cabida: 32.690 m (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: predios particulares e estrada PO-550 a San Román.

Leste: predios particulares.

Sur: monte comunal de Nigrán, campo de fútbol separado por cercado e camiño de servicio.

Oeste: camiño de servicio.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que

se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 11 de outubro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra