Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, do contrato de servicio consistente na actualización, mantemento e soporte dos sistemas de información do Instituto Galego da Vivenda e Solo. (Expediente CX020).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: actualización, mantemento e soporte dos sistemas de información do IGVS.

b) Prazo de execución: 1 ano.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento sesenta e seis mil euros (166.000 A), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento base da licitación (3.320 A).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación.

-Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que deberá rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no rexistro da sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1970.

6. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

7. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

10. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo