Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a resolución do expediente sancionador VP-C 17/1997 que se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.
Á dita infracción impónselle unha multa de 300,51 euros, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente nun prazo dun mes, baixo apercibimento de que, de no cumprilo, se procederá á imposición das subseguintes multas establecidas pola lei.
Esta resolución non é susceptible de recurso.
E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de domicilio descoñecido, en cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 15 de outubro de 2002.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa de Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 17/1997.
Juan Iglesias Pérez.
R/ Raxoeira 3, portal 1-2º C, Milladoiro (Ames).
Sanción: 300,51 euros.

