Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as propostas de resolución dos expedientes sancionadores VP-C 5/2002, VP-C 14/2002 e VP-C 17/2002 por non destinaren a vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.
Para a dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 601,02 euros, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.
Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, dáse traslado os interesados, concedéndolles un prazo de 15 días para formularen alegacións en trámite de audiencia e presentaren os documentos e informacións que coiden pertinentes. As presentes propostas non son susceptibles de recurso.
E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de domicilio descoñecido, en cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, o 15 de outubro de 2002.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa de Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 5/2002.
José F. Castiñeiras Torre.
Urbanización Sol y Mar, Lope de Vega, bloque 14, escal. 5-1º B.
Oseiro (Arteixo).
Sanción: 601,02 euros.
VP-C 14/2002.
Mª del Carmen Rodeiro Pazos.
Avda. de Castelao 8-3º A, (bloque 19), Polígono de Vite.
Santiago de Compostela.
Sanción: 601,02 euros.
VP-C 17/2002.
Juan J. Leborans Varela.
Avda. de Castelao 4 baixo A, (bloque 17), Polígono de Vite.
Santiago de Compostela.
Sanción: 601,02 euros.

