Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de outubro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados o acordo de incoación dos expedientes sancionadores correspondentes.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados o acordo de incoación dos expedientes sancionadores

VP-C 6/2002, VP-C 7/2002, VP-C 22/2002 e VP-C 31/2002 que se incian neste organismo por non destinaren a vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións, en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria dos expedientes a Clara Gómez Ruíz e Carmen Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para faceren as alegacións que crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicitaren a práctica das probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de domicilio descoñecido, en cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 15 de outubro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 6/2002.

José Martínez Prieto.

Urbanización Sol y Mar, Lope de Vega, bloque 16, escal. 1-1º A.

Oseiro (Arteixo).

VP-C 7/2002.

Ricardo Lence García.

R/ Madrid, 19-1º B, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

VP-C 22/2002.

Francisco Cebreiro Fernández.

Avda. de Vigo, 201 e 203, Polígono de Esteiro, Ferrol.

VP-C 31/2002.

Gerardo Sarasola Álvarez.

R/ Tirso de Molina, bloque 10, portal 1, baixo C

Oseiro (Arteixo).