Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso 141/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, no artigo 77 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego

de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso.

3. Obxecto do contrato, número CPA:

Concurso: 141/2002.

Subministración de determinacións de bioquímica.

4. Data de adxudicación do contrato: 29-7-2002.

5. Criterios de adxudicación do contrato: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Ofertas recibidas: cinco.

7. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Lote nº 1: Roche Diagnostics, S.L.; r/ Copérnico, 60; 08006 Barcelona.

Lote nº 2: Roche Diagnostics, S.L.; r/ Copérnico, 60; 08006 Barcelona.

Lote nº 3: Bio-Rad Laboratories, S.A.; López de Hoyos, 245-247; 28043 Madrid.

8. Prezo:

Lote nº 1: 181.440 A.

Lote nº 2: 1.364.633,95 A.

Lote nº 3: 40.039,19 A.

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:

10. Outras informacións:

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:

BOE: 7-5-2002.

DOCE: 23-4-2002.

DOG: 25-4-2002.

12. Data de envío do presente anuncio: 14 de outubro de 2002.

13. Data de recepción do presente anuncio:

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade

co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 30 de setembro de 2002.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña