Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Nº de expediente: 37/2002. Obxecto do contrato: pavimentación acceso ós núcleos de Costenla, Nogueira e outros. Descrición: asfalto de pistas. Lugar de execución: termo municipal da Estrada. Prazo: 3 meses. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Orzamento base de licitación: 72.974,89 A. Garantías: provisional: 1.459,50 A. Obtención de documentación: solicitándoa ó Departamento de Contratación; praza da

Constitución nº 1, A Estrada; teléfono: 986 57 01 65, extensión 320, fax: 986 57 02 33. Data límite para solicitar documentación: os primeiros 12 días de presentación de plicas. Clasificación do contratista: non se esixe. Presentación de ofertas: 13 días naturais seguintes a publicación do anuncio de licitación no DOG. Lugar de presentación: Rexistro de Entrada do Concello. Documentación: a esixida no punto 12 do prego. Apertura de ofertas: o día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación, excepto sábados. Hora: 12. Obriga de mante-la oferta: 2 meses. Consulta de pregos: documentación na Internet: páxina web www.aestrada.com/contratación.html. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 29 de outubro de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde