Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAZA

ANUNCIO do 10 de outubro de 2002 polo que se somete a información pública o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O Pleno do Concello de Laza, na súa sesión do 28 de outubro de 2002, recibiu o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Laza.

Ábrese un prazo de exposición pública de dous meses, que se contará desde a publicación máis tardía deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia.

O documento atópase exposto ó público no salón de plenos da casa do concello e pódese consultar de luns a venres das 9 ás 14 horas; e os sábados non festivos, das 10 ás 13 horas.

Durante este prazo, as entidades e particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Todo iso faise para darlle cumprimento ó que se establece no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Laza, 30 de outubro de 2002.

José Ángel García Moráis

Alcalde