Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 19 de setembro de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización das rúas de nova apertura da área de reparto P.P.-9 (transversal r/ Conde de Fenosa), redactado pola arquitecta Ana Mª Fonticoba Graña e promovido por Narón 2002 S.C.L.

Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, ó abeiro do previsto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia.

O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.

Narón, 23 de setembro de 2002.

Juan Gato Díaz

Alcalde