Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 11 de novembro de 2002 Páx. 15.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 29 de outubro de 2002, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a adxudicación, polo procedemento aberto e sistema de concurso da concesión da xestión indirecta do conxunto da Ferreira de Bogo.

Obxecto do contrato: concesión da xestión indirecta do conxunto da Ferreira de Bogo.

Lugar de entrega: Concello da Pontenova.

Duración do contrato: desde a data de formalización ata o 15 de outubro de 2012.

Orzamento de licitación: 60 euros mensuais de mínimo, IVE incluído.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Garantías: Provisional: 1.000 euros. Definitiva: 3.000 euros.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello da Pontenova (Lugo).

Presentación de proposicións: oito (8) días a partir desta publicación.

A Pontenova, 30 de outubro de 2002.

Enrique Fernández González

Alcalde