Aprobado inicialmente polo Pleno do concello, na sesión que tivo lugar o 30 de outubro de 2002, o estudio de detalle nº 9: Unidade de Execución Urbanística nº 1 -UEU-01, promovido por Construcciones Dafón, S.L., sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP (Pontevedra) e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de acordo co artigo 44, punto 3º, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia; durante o dito prazo poderá ser examinado polos interesados na secretaría do concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que consideren pertinentes.
Salceda de Caselas, 30 de outubro de 2002.
José M. Fernández Rodríguez
Alcalde

