Período hábil para a presentación de candidaturas.
Ábrese o prazo de presentación de candidaturas á asemblea desde a publicación deste anuncio ata o día 21 de novembro de 2002, ás 14 horas.
O prazo de aceptación de recursos contra as decisións da xunta electoral será desde o día 26 de novembro de 2002 ata o 1 de decembro de 2002.
O censo electoral estará exposto na Federación Galega de Golf á disposición de calquera club que solicite unha copia. Poderanse realizar reclamacións ata o día 26 de novembro de 2002.
Número de representantes por cada sector:
Clubs deportivos: 22 representantes.
Deportistas: 4 representantes (1 por provincia).
Adestradores: 1 representante.
Xuíces árbitros: 1 representante.
Outros colectivos: 1 representante.
As mesas electorais terán sede nos clubs con representantes na asemblea.
As votacións terán lugar o día 13 de decembro de 2002, desde ás 10 horas ata as 18 horas.
Eduardo de la Rocha López-Sors
Presidente da Federación Galega de Golf

