Examinado o expediente instruído a pedimento de Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en Rúa Castiñeiriño, 12, 3º, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización e aprobación de instalacións, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial e utilidade pública do parque eólico denominado Carballeira; resultan os seguintes
Antecedentes de feito.
Primeiro.-O 29 de marzo de 2001, Concepción Cánovas do Castillo, en nome e representación de Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución, declaración de utilidade pública en concreto e aprobación do proxecto sectorial e así mesmo con data 2 de xullo de 2001 solicitou o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Carballeira, de 24,42 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, sub
ministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.
Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Dirección Xeral de Industria do 15 de maio de 2001, publicada no BOP de Lugo e da Coruña, ambos do 4 de xuño de 2001, no DOG do 29 de maio de 2001, nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia, ambos de 29 de maio de 2001, e nos taboleiros de anuncios dos concellos das Pontes de García
Rodríguez e Xermade e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.
Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:
1. Modesta Pardo Hermida solicita a rectificación da titularidade dos predios nº 78 e 79, en canto á procedencia da herdanza.
2. Víctor Pena Mouriño solicita se rectifique a titularidade do predio nº 64.
3. Herdeiros de Generosa Otero Ledo rectifican o representante proposto na relación de bens afectados propoñendo a Juan Fernández Otero e así mesmo solicitan a expropiación total dos predios 58 e 66 ou no seu defecto o arrendamento.
4. Antonio Doldán Corral rectifica os seus apelidos incluídos na relación de bens afectados e alega o non ter sido notificado por este motivo.
5. Balbino F. Prieto Castro presenta dúas alegacións e manifesta que ten que rectificarse a titularidade de 10 predios na relación de bens afectados polas instalacións e relaciona outros predios que di terse excluído da relación de bens afectados aínda estando dentro do proxecto do parque.
6. Manuela López Carballeira rectifica e proponse como representante dos herdeiros de Manuel López Prieto.
7. Felisa López Prieto rectifica o seu enderezo para efectos de notificacións.
8. Modesto Bellas Pernas solicita se rectifiquen os apelidos do titular do predio nº 56 da relación de bens afectados.
9. Víctor Castro Pico alega contra o estudio de impacto ambiental solicitando a nulidade do procedemento.
10. José María Méndez Fernández rectifica a cualificación do predio e detalla unha serie de melloras existentes no dito predio.
11. Mª Luz Ferreiro Castro rectifica o seu segundo apelido na relación de bens afectados.
12. Herminia Paredes Prieto rectifica o seu segundo apelido na relación de bens afectados.
13. Aurelia Silva López rectifica o seu segundo apelido e enderezo na relación de bens afectados.
14. José Manuel Liaño Flores en representación de Pilar Ameneiro Hermida alega ter máis predios afectados que os incluídos na relación de bens, ademais de posuír unha casa nas inmediacións que podería verse afectada polos ruídos da instalación.
15. José Manuel Liaño Flores en representación de Josefa Hermida García rectifica a titularidade dos predios que se lle atribúen na relación e ademais di posuír outros predios que se verán afectados pola instalación debido á súa proximidade e os ruídos que puidese producir.
16. José Manuel Liaño Flores en representación de Josefa Hermida García e Pilar Ameneiro Hermida expón a súa oposición ó proxecto aducindo argumentos medioambientais e a súa nulidade por estar pendente de aprobación a modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia.
17. Antonio López Grueiro mostra a súa conformidade en tanto en canto se chegue a un acordo satisfactorio en canto á prestación económica a percibir polo aluger dos seus terreos afectados pola instalación.
18. Francisco Julio Castro Lamas efectúa unha rectificación en canto á titularidade do predio nº 41.
19. José Cebreiro Carbarcos efectúa unha rectificación en canto á titularidade do predio nº 5.
20. Antonio Bouza Otero reclama a titularidade do predio nº 55.
21. Fernando Nicolás Dueñas en representación do Grupo Empresarial Ence, S.A. efectúa unha rectificación en canto á titularidade do predio nº 13.
22. Víctor Castro Pico en nome e representación dos herdeiros de Víctor Castro Vérez presenta tres alegacións nas que en síntese reclama a titularidade dos predios nº 17 e 18, que os seus predios están destinados ó aproveitamento forestal e que non reci
biron oferta económica ningunha por parte da promotora. Así mesmo, rectifica o seu enderezo e alega que se incorre en falta ó afectar a regatos e non solicitar autorización a Augas de Galicia.
23. Remedios Carballeira Vivero presenta dúas alegacións, reclama a cotitularidade dos predios 43 e 45 e a titularidade do predio nº 44.
24. Ermitas Paz Souto en representación dos herdeiros de Encarnación Souto Prieto presenta dous escritos alegando ó proxecto sectorial pola posible repercusión da cualificación do solo como de especial protección de infraestructuras enerxéticas.
25. Daniel Hermida García reclama a cotitularidade do predio nº 56.
26. Xesús Pico Carbarcos alega que a promotora non se puxo en contacto para negociar.
27. América López Carballeira reclama a cotitularidade dun predio afectado polas instalacións.
28. Mª Carmen Castro Blanco presenta dúas alegacións e alega que a promotora non puxo en contacto para negociar e por outro lado rectifica o segundo apelido incluído na relación de bens afectados.
29. Belarmino Vivero Carballeira reclama a cotitularidade dos predios 43 e 45.
30. Luz Vivero Carballeira reclama a cotitularidade dos predios 43 e 45.
31. Ermitas Paz Souto e 27 máis solicitan a nulidade do expediente posto que a promotora non se puxo en contacto para negociar.
32. Xosé Antón Pernas Ferro alega ter un predio afectado polas instalacións que non se incluíu na relación de bens afectados.
33. Rafael Corral Bellas en representación do Grupo Guerrilleiros das Fragas alega a diferentes puntos do estudio de impacto ambiental.
34. Mary Carmen Pena Ares alega que a promotora non se puxo en contacto para negociar.
Terceiro.-O 14 de marzo de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do parque eólico de Carballeira, publicada no DOG do 2 de xullo de 2002, notificándose ó promotor o 11 de abril.
Cuarto.-O expediente incluíuse de forma automática dentro do conxunto de solicitudes presentadas á primeira convocatoria anual do artigo 15 do Decreto 302/2001. Por resolución do 19 de abril desta consellería acordouse que continuase a tramitación administrativa de autorización deste parque eólico.
Quinto.-As delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e A Coruña emitiron informe sobre o citado proxecto con datas do 18 de xaneiro de 2002 e o 19 de decembro de 2001
respectivamente, coas seguintes características básicas:
Asentamento e coordenadas poligonais:
Nome Municipio Vértices
X Y
Carballeira As Pontes 0.595.596 4.812.698 Xermade 0.597.415 4.812.667 0.598.311 4.810.325 0.596.699 4.810.676 0.595.576 4.811.527
Nº de aeroxeradores37
Potencia unitaria por aeroxerador660 kW
XeradoresMADE AE-46/I
Potencia total instalada24,42 MW
Producción anual estimada60.006 MWh
Investimento previsto12.315.967,57 Euros
Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:
37 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.
Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV.
Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Carballeira, composta por un transformador principal 30/132 kV de 31,5/27 MVA ONAF/ONAN de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 30/0,42-0,24 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra e protección.
Sexto.-O 5 de setembro de 2002, o promotor solicita que lle sexa de aplicación o procedemento establecido no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citado.
Sétimo.-O 11 de setembro de 2002 procédese a dar trámite de audiencia, ós herdeiros de Generosa Otero Ledo, non téndose recibido alegacións durante o citado período.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, de 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.
Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:
1. As alegacións de carácter urbanístico serán consideradas no momento de proceder á resolución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. De tódolos modos hai que lembrar que de acordo co establecido no Decreto 80/2000, que regula os plans e proxectos de incidencia supramunicipal, os plans municipais terán que adaptarse ó establecido nos ditos proxectos.
2. Con respecto ás alegacións de carácter ambiental foron consideradas na declaración de impacto ambiental.
3. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados, estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación, ó que serán oportunamente convocados, incluíndose na correspondente folla de aprecio.
4. En relación coas alegacións nas que se reclama a titularidade ou cotitularidade ou modificacións nestas, a empresa toma razón dela; non obstante será no levantamento de actas, ó que serán oportunamente convocados, o momento no que poden demostra-la titularidade dos predios, achegando a documentación acreditativa necesaria.
5. En canto ás alegacións nas que se manifestan os prexuízos ou motivos económicos de calquera índole, cabe dicir que non é obxecto desta fase do expediente valora-la depreciación do solo; corresponde á fase de prezo xusto, naqueles predios nas que non se acade mutuo acordo.
6. Non procede acepta-la expropiación total solicitada polos herdeiros de Generosa Otero Ledo, dado que non se acreditaron as condicións esixidas no artigo 23 da Lei de expropiación forzosa.
Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.
Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
RESOLVE:
-Autorizar a Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Carballeira, que se situará nos concellos das Pontes de García Rodríguez e Xermade.
-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.
-Recoñecer a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 de dito real decreto.
-Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Carballeira, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Todo iso de acordo coas condicións seguintes:
Primeira.-Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 246.319,35 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 19 do citado Decreto 302/2001, do 25 de outubro.
A citada constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.
Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun presuposto de 12.315.967,57 euros.
Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, dentro das súas respectivas competencias as delegacións provinciais de Industria e Comercio de Lugo e A Coruña poderán autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.
Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.
Unha vez construídas as instalacións autorizadas, as delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio de Lugo e A Coruña, dentro dos seus respectivos ámbitos, inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificarán o cumprimento dos compromisos contraídos por Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. no seu plan eólico.
Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio de 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centra
lizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.
Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 14 de marzo de 2002, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.
Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, de 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.
Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

