1. No DOG nº 214, do 6 de novembro de 2002, anunciouse o concurso público para a contratación dos servicios de mensaxería do Igape, aprobado por resolución da directora xeral do Igape do 24 de outubro de 2002.
2. Detectado erro material no punto 9 d) (data) do anuncio no relativo á apertura de ofertas, debe corrixirse e onde di: «ás 14 horas do décimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «en acto público o décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas».
Polo exposto, en aplicación do artigo 105.2º da Lei 30/1992, de procedemento administrativo e en virtude das facultades ó meu favor conferidas por acordo de delegación de facultades do Consello de Dirección do Igape do 30 de marzo de 2000 (DOG nº 81, do 27 de abril),
RESOLVO:
Primeiro.-Corrixi-lo erro material contido no epígrafe 9 d) do anuncio de concurso público de referencia, onde di: «ás 14 horas do décimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «en acto público o décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas».
Segundo.-Facer pública a presente corrección, permanecendo invariable o prazo de presentación de proposicións, por non afecta-la corrección a presentación delas.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2002.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

