Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIRA

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, na sesión plenaria celebrada o día 4 de outubro de 2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para defini-al aliñación dun soar situado na avda. do Xeneralísimo e modifica-la rasante actual e, consecuentemente, os planos U1, U2, U3, U4.2, e U5.2, e a memoria do dito estudio de detalle, promovido por Luis Villamide, S.L.. O que se fai público para xeral coñecemento.

Contra o presente acordo de aprobación que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó desta publicación (artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo) perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, segundo a distribución competencial establecida polos artigos 8 e 10 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así mesmo, poderase utilizar calquera outro recurso que se considere pertinente e exerce-las accións que procedan perante a xurisdicción competente.

Meira, 31 de outubro de 2002.

Rosendo Folgueira Valle

Alcalde