Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 13 de novembro de 2002 Páx. 15.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

APROBACIÓN inicial do proxecto de estatutos, bases de actuación, proxecto de compensación e proxecto de urbanización do SAU 5 de Melide.

Aprobados inicialmente, por acordo da Comisión de Goberno adoptado na sesión do 24 de outubro

de 2002 e ó abeiro do artigo 137 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o proxecto de estatutos e bases de actuación, proxecto de compensación e proxecto de urbanización do SAU 5 de Melide, promovido por Antonio González Fernández, en nome propio e en representación da totalidade dos propietarios incluídos no ámbito territorial do dito SAU 5; de acordo co disposto na normativa vixente exponse o expediente administrativo ó público durante un mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG, para que calquera persoa poida examinalo na Secretaría Xeral do concello e formular cantas alegacións estime pertinentes.

Melide, 30 de outubro de 2002.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde